ENQUISA SOBRE NECESIDADES FORMATIVAS DO PAS LABORAL DA UVIGO

A formación na Universidade de Vigo carece da planificación necesaria para garantir que tódolos colectivos reciben a que precisan . As repercusións desta falta de política formativa prexudica, aínda máis, a un colectivo tan heteroxéneo coma o noso que está conformado por máis de 30 oficios distintos.

A carencia de estudios serios do cadro de persoal nos está tamén a prexudicar gravemente ao non ter datos obxectivos que determinen as características de cada posto e nos permitan prever, entre outras cousas, que formación é necesaria para manter os oficios que desenvolvemos actualizados.

O Comité Intercentros consciente da importancia que ten a formación debidamente planificada toma, tamén neste asunto, a iniciativa e solicita a tódolos traballadores e traballadoras que cubran e envíen o cuestionario que se atopa nesta páxina.

Os resultados que se obteñan se farán públicos e se utilizarán na Comisión de Formación para facerlle ver a empresa as carencias formativas que se dan no noso colectivo e denunciar a falta de estratexia e políica laboral que temos neste eido.

CARACTERÍSTICAS DA ENQUISA

  • O cuestionario foi concibido para ser cuberto e enviado on line.
  • Está feito en formato PDF e para non ter problemas suxerímoste que actualices o Acrobar Reader (Para enviar os datos é imprescindible o Acrobat Reader 5.0 ou versións posteriores ).
  • O tempo que necesitas para contestalo son 12-15 minutos.
  • Se detectas algunha incidencia técnica envía unha mensaxe ao intercentros ou chama a Manuel Velasco (13861)
  • Se tes algunha suxestión que facer con respecto ao contido contacta con Aser Fernández (aafr@uvigo.es) ou con Antón García (agarciaf@uvigo.es).
  • A enquisa é anónima e os resultados que se fagan públicos terán en conta sempre esta característica.

Gracias pola túa colaboración

CUESTIONARIO

{submenu}
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comité Intercentros da Universidade de Vigo Campus Universitario Lagoas-Marcosende Edificio Fundición 36200 Vigo -Galicia
©1999-2009 Comité Intercentros da Universidade de Vigo - 10 anos na rede -  Última actua lización 07.08.09