
Composición
da Mesa Negociadora:
Pola Xerencia:
Pola Xunta de Persoal:
- José Luis Gómez Reboiro
- Santiago Santos García
Polo Comité Intercentros
- Cándido Pérez Betanzos
- Carlos Román Lago
- Manuel Velasco Graña
Acta do 10 de Xullo
de 2001
Ve-la
Acta en PDF
Comunicado da representación
do PAS na Comisión Negociadora da Mesa de Retribucións
Logo de varios meses de negociación, de encontros e desencontros,
podémosvos dicir que comezamos a obter os primeiros resultados positivos.
Como xa tiñamos comentado os contidos da negociación
son:
-
Paga de productividade e recuperación da pérdida
de poder adquisitivo.
-
Homoxenización do sistema retributivo para ámbolos
dous colectivos.
-
Acordo Marco que contemple ademáis aquelas cuestións
non directamente retributivas: formación, acción social, planos
de pensións, seguros de vida, saúde e seguridade, etc.
Aínda que negociamos cada unha das partes separadamente,
temo-lo compromiso de acadar un ACORDO GLOBAL, polo que o final do proceso poden
producirse variacións sobre os acordos parciais sempre que permitan mellorar
o incremento da masa salarial consolidable.
Na ACTA, que podedes consultar nesta mesma web, está reflectida a primeira
parte dos acordos acadados relativos ós criterios para o cálculo
da paga de productividade e o inicio do Plano para avaliación da calidade
dos servicios da Universidade de Vigo.
Para o cálculo da paga de productividade que percibiremos
a partir do ano 2002, utilizaranse dous criterios, unha parte fixa, resultado
de cálcular a perda do poder adquisitivo no período 1998-2000
actualizada co IPC que corresponda a cada ano por niveis ou categorías,
segundo se trate de persoal funcionario ou laboral, e unha parte variable e
igual para tódolos membros de cada unha das unidades, en función
do grao de cumprimento dos obxectivos acordados entre estas e a xerencia. Como
salvagarda garántese, para os funcionarios con niveis de complemento
de destino iguais ou inferiores ó 20, e os laborais pertencentes ós
grupo IV e V, que o incremento neto de masa salarial o final do proceso negociador
debe ser superior ás contías percibidas polo persoal funcionario,
en concepto de productividade, no ano 1999, para os grupos correspondentes do
reparto de dita productividade.
Este primeiro acordo permite inicia-la negociación da
segunda parte, isto é, a homologación e homoxenización
das retribucións do conxunto do persoal de administración e servicios,
na nosa opinión de maior interés, pois as variacións que
se produzan son consolidables.
Por último, convidámosvos a participar nas XORNADAS
SOBRE A CALIDADE DOS SERVICIOS UNIVERSITARIOS que como xa ten comunicado o Servicio
de Recursos Humanos celebraranse os días 13 e 27 de setembro no Paraninfo
do Rectorado e no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Económicas
respectivamente.
As conferencias serán impartidas o día 13 por:
José Manuel Villanueva, Vicexerente da Universidade de Compostela
José Joaquín Mirasolves, Director do Servicio
de Xestión e Control da Calidad de Universidad Miguel Hernández.
O día 27 intervirá:
Adela d’Alós-Moner, Directora técnica de Doc6
Anteproxecto
do plano xeral de xestión do desempeño dos servicios da Universidade
de Vigo (documento
feito pola Xerencia) 
Ve-lo
Documento en PDF
|
Inicio |
Informacións Xeral | Provisión
de Postos |
Normativa e lexislación | O
Comité Informa | Universidade de Vigo
|
Representación do PAS na mesa negociadora de retribucións e plano
de calidade - setembro 2001